OBRADOIRO STOP ACCIDENTES

Este xoves 27 de setembro acudiron ao centro, algúns dos integrantes de STOP ACCIDENTES para darnos unhas consignas e ir collendo hábitos de responsabilidade e boas condutas de seguridade vial no noso día a día.

En tódolos cursos de Primaria foron facendo uns obradoiros prácticos sobre as actuacións cando imos no coche, á hora de baixar do autobús, de cruzar a estrada...e de recomendar a pais/nais, avoas os bos modais de circulación.

Resultou moi entretido e participaremos nun concurso de grandes premios, escribindo cartas de recomendación sobre este tema e con debuxos que ilustren a temática.

Temos pendente para o mes de maio, con esta mesma asociación, un taller de bicicletas sobre a sinalización e as habilidades encima da bici á hora de marcar cara a onde imos.