CELEBRACIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No que vén sendo unha cita anual, celebramos este mércores 24 de outubro, no cole da Picota, o día internacional da biblioteca e para iso convocamos a todo o alumnado, por grupos i en horarios distintos, a coñecer a nosa biblio, o seu funcionamento, de que recursos dispón e como se organiza, e como non, o noso padriño Manuel González.

Houbo lectura de contos, obradoiros de xogos para coñecer os diferentes espazos, trivial de preguntas sobre os fondos, CDU, padriño desta biblio, etc....

A xornada que durou todo o día foi amena e gustosa para o seus protagonistas, ós cales lles sirveu para aproximarse a este espacio dun xeito máis distendido e coñecer outras potencialidades amais da lectura.