Teatro: Falar por falar

O venres, día 28 de setembro de 2018, todo o alumnado de secundaria do CPI A Picota asistiron a unha obra de teatro, titulado "Falar por falar", a cargo de Pepe Penabade e Carlos Santiago, e organizado pola Casa de Cultura de Mazaricos.
Esta obra de teatro era unha comedia na que se facían continuas referencias á nosa lingua a través de metáforas, dobres sentidos e frases feitas. Os personaxes dialogaban entre eles e interactuaban có público, contando, por exemplo, a orixe da lingua galega ou reflexionando sobre o incerto futuro da mesma nos tempos actuais. Con todo iso querían concienciar ao alumnado da importancia do galego e da súa defensa.
Resultado de imagen de falar por falar