MADRIÑAS/PADRIÑOS LECTORES 2018/19

Unhas das actividades que non pasa de moda e que lles encanta a peques e maiores do cole, ese intercambio xeracional a través da lectura onde as múltiples conexións  socioafectivas se dan arredor dun libro como fío condutor dunha imaxinación sen límites.

Convivencia de xornadas  mensuais onde o protagonismo dos peques  na escolla dos contos, no espazo a ler e na petición de representacións amenas poñen aos máis grandes a desenvolver as súas potencialidades.

Nesta primeira xornada, bo ambiente e sintonía no acercamento inicial....esto pinta moi ben!!!