UN SAMAÍN DE CINE

Outro ano máis chegou a festa do terror a Mazaricos, este ano tintada polo cine, porén que o guión deste Samaín foi inspirado nas películas de medo.

Sucedéronse as actividades ao longo da derradeira semana de outubro, desde o luns ata o mércores e incluso a semana anterior estaba xa ambientado o centro para conmemorar esta festividade, a cal cada ano conta con máis participación.

Comezou a semana previa, decorando cada curso a porta de entrada da súa aula, despois facendo elementos de adorno para os corredores e biblioteca, creando contos de medo para a posterior elaboración da curtametraxe que se presentaría o día 31.


O luns 29 houbo unha masiva participación nos recreos de maquillaxe terrorífica, onde cada alumno foi para a aula "medio zombie". Este día tamén trouxeron as cabazas para o concurso.



O martes 30 continuouse cas actividades antes comentadas, rematouse a curtametraxe e deixouse listo o túnel do medo.




O mércores 31, día de celebración no noso centro, houbo múltiples actividades, desde primeira hora da mañán ata a última da tarde. Todo comezou cando o alumnado baixou do autobús coas comidas do terror, resgardadas estas i expostas ata a súa papatoria.

Os primeiros en pasar polo túnel do medo foron os alumnos/as de Intantil facendo o percorrido con algo de luz, deixando paso despois do recreo a Primaria, divididos en dous grupos.


Quedou para a tarde a presentación da curtametraxe, os premios de cabazas, comidas do terror e decoración de portas previa presentación de todas as participacións nestes concursos.


Como remate final tivemos a degustación das comidas na que os participantes se esforzaron e prepararon alimentos tan terroríficos como gustosos.


Gracias a todo o alumnado e as súas familias pola colaboración e facer que esta sexa unha das grandes destas do ano.