CELEBRACIÓN DA PAZ 2019

Como xa viñamos indicando na entrada anterior, o mércores 30 de xaneiro, en xornada de mañán, xuntámonos todo cole para manifestar esa intención de escenificar este día e todos a paz entre nós.


Así durante toda a semana fomos facendo actividades relacionadas coa paz, se ben desde Infantil se pintou pomba de cores con aspecto de mosaico, nos cursos de Primaria e Secundaria expuséronse diferentes traballos plásticos e manuais,  tal e como podedes ver nas fotos.



Tiñamos tamén por cursos a función de escribir palabras en globos de helio, previamente hinchados, a favor da paz en globos blancos i en contra en globos negros, estes últimos eran pinchados e os blancos voaron ata o teitos dos corredores para termos presentes esas verbas.




Acompañamos isto dunha canción de Paco Nogueira "porque ti es o meu amigo",  a cal a capela resoou nas paredes do cole e agardemos que o siga facendo nos oídos dos alumnado.





A asociación Égueire que colabora en Costa de Marfil e con sede no noso concello, estivo presente facendo unha visita guiada sobre a expoisición que estivo toda a semana nos corredores e que versaba esta sobre a vida neste país africano e se representaba con excelentes fotos.



Acto seguido, o encargado desta asociación ofreceunos  unha conferencia sobre os aspectos máis destacados da súa laboura no país e como se vive por alá a situación.
En colaboración con este acto, fixemos un baile africano, moi típico da zona e que todos nós representamos con moito salero.



Cabe sinalar que suspendemos a carreira de quilómetros de solidariedade por mor da chuvia e queda esta aprazada para a vindeira semana, sempre que  o sol nos acompañe.

Uns días máis tarde, o 12 de febreiro e aproveitando unha semaniña de sol, celebramos a carreira de quilómetros de solidariedade para recaudar fondos e doalos a organizacións benéficas, como son a Egueire e Save The Clhildren.
Participou Primaria máis Infantil, dando os maiores unhas 4 voltas ao cole de 400 metros cada unha.
Os máis pequenos deron voltas arredor do patio ata que se acabaron os folgos.
Día espectacular e carreiras moi emocionantes cos participantes totalmente involucrados.