Encontro poético con Ismael Ramos e Miriam Ferradáns


O pasado 27 de maio tivemos o agardado encontro poético con dous dos autores que traballamos este ano no clube de lectura, Ismael Ramos e Míriam Ferradáns. O alumnado do clube tivo oportunidade de compartir nun encontro máis familiar, experiencias e reflexións que foron xurdindo logo da lectura dos libros. Posteriormente, e xa na biblioteca do centro e co alumando de 3º e 4º da ESO, Ismael falounos do que significou para el nacer na Picota e como este feito condicionou toda a súa escrita. Moi sorprendidos/as quedaron as nosas alumnas ao descubrir un inesperado veciño de renome no mundo da poesía galega. Míriam recitounos poemas do seu libro e falounos tamén da súa experiencia coa escrita e de como deu o paso de iniciarse na poesía.
Finalmente, e como sorpresa final, o alumnado do clube de lectura proxectou dous videopoemas creados a partir dunha selección de textos dos libros "Lumes" e "Nomes do fume".