EXCURSIÓN TORRES DO ALLO- PRIMARIA E INFANTIL 2019

Como xornada de confraternización entre Infantil e Primaria, fomos pasar o día as Torres do Allo a Zas e despois comer a un merendeiro por alí cerca.

Divididos en grupos, os monitores da actividade preparada pola Diputación de A Coruña tiñan, foron levando a cabo tanto as visitas, xogos, obradoiros, etc...os cales fixeron disfrutar a toda a nosa rapazada.

Xogos de pistas e visitas do pazo, da igrexa, do palomar, obradoiro de sementes, plantación, xogo pola eira, árbores milenarias.... en fin todo un valor arquitectónica, paisaxístico e natural que puxo en vigor a zona e desatou o interese da xuventude.

Máis tirando cara a mediodía, fomos merendar a un parque nas proximidades de Zas co seu posterior tempo libre onde cadaquén propuxo as súas ideas de lecer. Sinalar que un chuvasco fixo que voltásemos un chisco antes para o cole e seguimos enredando nel ata á hora de marchar.