Benvida e primeiras actividades do novo curso

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos a benvida a este novo e ilusionante curso 2019/20. Como vimos facendo ao longo destes cursos pasados, este blog será de novo a nosa xanela de difusión de tódalas actividades e iniciativas impulsadas dende a biblioteca e tamén aquelas realizadas no noso centro.
Desexamos que este espazo sexa unha oportunidade para visibilizar o traballo realizado ao longo do ano e tamén funcione como un lugar de encontro entre todos os membros da nosa comunidade educativa e incluso máis alá. Por iso, animámosvos a comentar e interactuar con nós!
Queremos agradecerlle a Ana o seu esforzo e dedicación nestes anos por manter activo este espazo. Como sabedes, este curso non estará con nós e dende o novo equipo de biblioteca queremos darlle o noso agradecemento público polo seu traballo e dedicación.

E como o curso vai arrincando amodiño pero sen pausa.... xa temos as primeiras actividades das que darvos conta. O pasado 27 de setembro, celebramos o noso "Venres polo Clima" no marco da xornada de protesta pola emerxencia climática que está a sufrir o noso planeta.
Lemos un manifesto polo clima ataviados/as con roupa de cor verde e plantamos a nosa árbore no patio coa que queremos simbolizar o noso compromiso e esperanza por un futuro sostible e ecolóxico.


Aquí vos deixamos algunhas mostras deste día: