Somos 1º Premio Galicons-net !!

No CPI da Picota estamos de parabéns. Fomos premiados co 1º premio Galicons-net no pasado curso 2018/19! O alumnado de 4º da ESO que cursou o ano pasado a materia de Economía realizou este proxecto educativo no marco do programa Proxecta, concretamente tratouse do programa Galicons-net, coordinado polo Instituto Galego de Consumo.


O proxecto que agora foi premiado levou por título "Diferentes xogos, diferente moda?" e centrouse nas diferenzas e desigualdades de xénero que se producen no ámbito dos xogos e da moda. Ao longo do curso, realizaron diferentes actividades como entrevistas, vídeos, análise de anuncios publicitarios e ata un banco de xoguetes coeducativo. Podedes consultar este traballo no seu blog:

https://diferentes-xogos-diferente-moda.webnode.es/

Parabéns ao noso alumnado polo seu esforzo!



Comentarios

  1. Enhorabuena a los alumnos y a Rafa, el profesor que les dirigió el proyecto. ¡Sois geniales!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario