Xogando na biblioteca!!

Dentro das actividades de dinamización da biblioteca, e como cada principio de curso, fixéronse unha serie de xogos e lecturas para presentarlles aos máis pequenos a nosa mascota, Léctor, e recordarlle aos demais as normas de uso e como atopar un libro dentro da biblioteca.

Nas seguintes fotos vemos os equipos de 5º e 6º despois de realizar un xogo de búsqueda de pistas, con cada unha das cales se lle daba un trozo do puzzle coa foto do noso padriño da biblioteca, Manuel González González. Unha vez conseguidas todas tiñan que montalo e dicir de quen era a foto.







Comentarios