Celebramos o día da Poesía !!

Onte chegou a primavera e hoxe é o día da Poesía, con ela queremos encher de cor e poemas este espazo. Queremos propoñervos que probedes a  ser poetas e fagades algúns versiños, unha proposta para a cal precisamos da vosa axuda. 


- Para o alumnado de Secundaria.

Queremos animarvos a que nos enviedes un videopoema ou audiopoema de máximo 1 minuto de duración (gravados cos vosos teléfonos) recitando un poema ou uns versos da vosa creación ou lendo un que vos guste doutro autor ou autora.

Podedes incluír imaxes, fotos, debuxos nos vídeos e editalos como queirades, ou simplemente, gravándovos a vos ou coas vosas familias recitando.

Deixávosvos algúns exemplos inspiradores. Lembrade que teñen que ser dentro da casa, porque #euquedonacasa

Enviade os voso vídeos ou audios a: mazaricoteca@gmail.com



 


-Para o alumnado de Infantil e Primaria.


Animádesvos a ser poetas?

 Enviade os vosos poemas ou debuxos a mazaricoteca@ gmail.com
Aos máis pequenos  poden axudarvos a inventar poemas os maiores. Que mellor que a poesía para recibir esta nova estación que, como dicía Antonio Machado “La primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido”( o tema pode ser o que nos ten a todos estes días na casa, tratando de ser positivos.. ou outro calquera).


Por se non vos animades a escribir tamén vos damos a opción de debuxar algún dos seguintes poemas:

Comentarios