📚 Libros que viaxan dende a Picota ás casas d@s nen@s
👉Durante o mes de outubro Espinaca🐄 e Léctor 🐭 estiveron traballando arreo para preparar con moito agarimo as mochilas viaxeiras 🗺, co fin de que alumnado e familias gocen da lectura en conxunto ou individualmente.
📚Os
libros das mochilas son moi variados para que tod@s poidan disfrutar dos que
máis lles gustan, pero tamén para que descubran novas temáticas 👀 e vaian
ampliando os seus intereses na lectura .
Todas
teñen en común un libro sobre o proxecto “Mares e ríos” 🌊 da biblio. Por suposto,
se na casa tedes libros relacionados con este tema, podedes traelos a aula e
compartilos coas compañeiras e compañeiros.
Nas
mochilas tamén atoparedes:
Unha
chea de libros sorprendentes...
de
animais coñecidos e descoñecidos,
personaxes
reais ou fantásticos,
con
aventuras divertidas ou terroríficas,
que
provocan emoción ou simple alteración,
en lugares cercanos ou lonxanos,
Libros
e poemas para pensar ou para durmir,
para
aprender a cociñar ou para na tixola fedellar,
para
facer garabatos ou animarte a pintar,
con final ou sen final,
con
moitas letras ou sen apenas.
Son...
lecturas variadas,
Atrévete
a probalas.
Esperamos que disfrutedes moito coa mochila viaxeira que vos prepararon as nosas mascotas.
Que ben vos quedan!
Boas lecturas e mellores soños amiguiñ@s! 🐭🐄
Comentarios
Publicar un comentario