Xa está aquí o Entroido! E….un ano máis, o Meco trae os seus mandados. A continuación podedes ver o que cada día nos manda traer!!😉
Picota ,
pon atención,
é tempo
de tradición!!
nosa obriga
é entroidar.
Das
Maroñas a San Xián,
de Coiro
a Pino de Val,
que todo
o mundo coñeza
que o Entroido xa comeza!!
O noso Meco entroideiro
este ano veu mariñeiro:
será mellor que cumpramos
eses seus tolos mandados!
O luns terás que levar
pano, gorro ou ben sombreiro,
para poder imitar
a un pirata ou mariñeiro.
O martes, un novo abrollo:
levaredes con orgullo
ou ben un parche no ollo
ou ben gafas de
mergullo.
O mércores levaredes
chaleco de pescador,
camiseta mariñeira…
tamén vale flotador!
O xoves, algo nos pés:
unhas botas ou polainas,
escarpíns ou
fanequeiras.
Non veñades con sandalias!
Este venres levaredes,
por ser xente tan leal,
o disfraz que máis vos preste:
o Meco non se ha anoxar,
pero se levades roupas
que teñan que ver co mar,
o Meco regalaravos
o Entroido ´máis
xenial.
Comentarios
Publicar un comentario