Como
este ano o Día de Rosalía cadrou
en pleno Entroido, tempo de caldo e cocidos, eleximos para recordala o poema “Miña casiña, meu lar” no
que a protagonista prepara un caldiño que lle sabe a gloria co pouco que ten,
poema no que tamén fala do bolo do pote, tan típico no noso concello que ata
ten festa propia. Así cada clase de infantil e primaria preparou un pequeno fragmento
do poema para grabar na radio escolar. O resultado final pode escoitarse no
seguinte podcast.
Aquí vemos aos de infantil no momento de gravar o seu trociño.
Tamén o Meco se fixo eco do Día de Rosalía ao tempo que ensinaba os seus mandados.
Comentarios
Publicar un comentario