E chegou un novo DÍA DO LIBRO! Este ano
a nosa biblioteca agasallou aos nenos cun libro, cun marcapáxinas e uns sobres de pegatinas. A continuación podemos ver algunhas fotiñps do reparto.
Ao fondo as nosas mascotas, Léctor e Espinaca, observan os libros xa preparados para ser repatidos polas aulas.
Tamén salimos do centro a contar algún conto, a recitar algún poema ou mesmo a cantalo, a distintas partes do pobo.
Como nesa semana daban chuvia decidimos deixalo para a seguinte.
A continuación están os videos de 1º e 2º que lle contaron un conto e recitaron un poema a uns señores que estaban na praza.
Nas seguintes fotos podedes ver como os de 6º lle foron ler os seus microrrelatos á nai de Mara, á avoa de Anxo, a unha ferretaría, a un super...












Comentarios
Publicar un comentario