O 24 de febreiro de 2022 chegounos a terrible noticia de que un país europeo invadía ó seu veciño empregando a forza.
Dende
ese momento, sucedéronse tráxicas noticias de bombardeos sobre casas, escolas,
hospitais, universidades, fábricas, museos... Sendo a poboación civil, como en
todas as guerras, a máis prexudicada.
Moitas
familias víronse obrigadas a separarse. Algunhas mulleres tomaron a difícil
decisión de marchar do seu pais para protexer ós seus fillos/as. Outras,
quedaron para loitar ó carón dos seus compañeiros e amigos.
Esta
guerra axitou o noso continente como non o fixeran ningunha outra dende a
Guerra dos Balcáns, na década dos 90. Todos os países da Unión Europea uníronse
para mostrar o seu profundo desacordo e tomáronse unha serie de medidas que
directamente afectaron, e afectarán, ós moedeiros de todos os cidadáns
europeos. Decatámonos entón que loitar pola liberdade, pola democracia, non sae
gratis; e ademais, require dun esforzo constante e activo por parte de toda a
cidadanía.
Dende
o CPI a Picota quixemos mostrar a nosa solidariedade co pobo ucraíno. Con este
fin, organizamos unha carreira solidaria o 2 de maio.
As
alumnas e alumnos de todos os niveis educativos participaron nela.
O
diñeiro recadado enviámolo a ACNUR (Axencia da ONU para os refuxiados). Neste
caso, para axudar ós refuxiados de Ucraína.









Comentarios
Publicar un comentario