O 19 de maio visitou o noso centro o escritor Antón Riveiro Coello para ter un encontro co alumnado de 4º e 6º, que son os participantes do clube de lectura. Neste curso leron o seu libro "A voz do lago" e próximamente irán ao Pazo de Goiáns, lugar no que está ambientada a novela.
Foi unha charla moi interesante onde o escritor nos falou da súa vida como escritor, dos seus comezos e animounos a coller o lapis e...adiante!! Entón nós tamen lle comentamos que escribiramos un pequeno conto e que agora o estabamos ilustrando.
A continuación podemos ver algunha fotiño deste encontro, no que o autor sorteou dous libros entre o alumnado.






Comentarios
Publicar un comentario