A contaminación dos mares e océanos é a introdución
directa e indirecta de substancias perxudiciais no medio mariño, desde o litoral ata mar aberto. Por exemplo:
plástico, metal, vidro, tecidos, papel e madeira.
Principalmente o máis contaminante é o plástico,
chegando a ser o 80% do lixo que chega ás augas de todo o mundo.
A produción de plásticos aumentou de forma
exponencial. Estímase que ata 2015 producíronse 8.300 millóns de toneladas.
- O 9% foi reciclado
- O 12% foi incinerado
- O 79% está nos vertedoiros
Neste momento, prodúcense máis de 400.000.000 toneladas
de plástico ó ano. Cifra que a este ritmo se duplicará para o 2050.
Soen tirarse
de maneira desmesurada: herbicidas, plaguicidas, fertilizantes, deterxentes, químicos, hidrocarburos,
plásticos e augas residuais entre outros. Estes restos provocan un gran impacto ambiental que non só dana a biodiversidade dos océanos, é
dicir, aos seres vivos mariños, así como aos recursos que obtemos destas augas;
senón que tamén poñen en perigo a saúde humana. Este risco débese
principalmente a que moitos dos desfeitos que se verten no mar, acaban sendo
alimento directo ou indirecto de moitas especies mariñas que consumimos, polo
que poderiamos acabar inxerindo restos das substancias que nós mesmos
desbotamos.
A
contaminación do mar, por moi recente que pareza, é froito de moitos anos de
descoido co medio ambiente, posto que en tempos dos romanos xa se vertían moitos
desfeitos ao mar. Pensouse durante moito tempo que a gran cantidade de auga que
fluía nos mares e océanos podía acabar diluíndo todos os restos mal
xestionados, producidos polos humanos ao longo da nosa existencia.
O problema
agrandouse nos últimos séculos, debido ao gran desenvolvemento industrial e
tecnolóxico. Comezamos a producir cantidades enormes de materiais de refugallo
que aceleraron o proceso de degradación e contaminación dos fondos mariños.
Chegamos a un
momento no que os nosos mares e océanos xa non poden reter máis esta
contaminación, polo que están a aparecer síntomas que, se non se xestionan,
serán irreversibles e realmente moi prexudiciais para nós e o resto de seres
vivos.
Plásticos
O creador do primeiro plástico foi o químico
Leo Baeckland (1909). Converteuse nun material moi popular porque o plástico é
duradeiro e resistente.
Que é o que máis contamina do plástico?
O principal problema deste material é que se
desintegra en nanopartículas e
microplásticos. Estes absorben contaminantes metálicos e orgánicos e tamén viaxan
a través da auga.
-Nanoparticulas: Son partículas cuxas tres dimensións son inferiores a 100nm. Estas poden chegar a todas as partes dos organismos vivos.
-Microplásticos: Os micróplasticos son pequenas pezas de plástico que contaminan o medio ambiente.
Contaminación
dos ríos
-
O
80% dos plásticos que chegan ata o mar repártense por máis de 1.000 ríos. Os máis contaminantes atópanse no Pacífico: o 88%
dos ríos mas contaminantes están en Asia (44 de 50)
-
Os
refugallos dos ríos acumúlanse en costas e ribeiras .
Consecuencias da contaminación do mar
Pérdida de biodiversidade: Implica que animais, neste caso acuáticos,
morren debido á contaminación.
Eutrofización: Algunhas industrias verten ós ríos certas
substancias que provocan un crecemento desmesurado de algas. Estas algas
absorben o osíxeno e impiden o paso da luz.
Grandes masas de plásticos: Esta situación produce grandes xiros
oceánicos que fan que o plástico se acumule na superficie.
Diminución do osíxeno e acidificación das augas: O aumento da temperatura da
auga provoca unha diminución do osíxeno mo medio mariño.
Cambios fisiolóxicos e morte
de organismos acuáticos:
As augas residuais son a principal causa dos cambios fisiolóxicos ou a morte de
animais. Isto débese a que, por exemplo, medicamentos que non se chagan a
depurar causan alteracións no fígado e incluso no aparato reprodutor dos peixes
e mamíferos.
Algunhas solucións
O rápido deterioro da situación obriga á sociedade
a buscar solucións para este problema: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Reducir: É fácil, só temos que intentar comprar menos cousas de plástico dun só uso, como: pallas, bolsas, cubertos e pratos...
Reutilizar: Por exemplo, cando se rompe un aparello, é mellor reparalo para poder seguir usándoo en lugar de tiralo e comprar outro.
Reciclar: Unha maneira
fácil de reciclar é reutilizar as bolsas da compra ou tirar o lixo nos
contedores adecuados. Un dato a ter en conta: O 59% de todos los residuos
encontrados eran plásticos dun só uso, como
botellas, bolsas, envases...
No contedor amarelo vai o plástico, no verde vai o
vidro e no azul o papel e mais o cartón.
Webgrafía
- Greenpeace
¿Cómo llega el plástico a los
océanos?
- The
Conversation
El papel de los ríos en el transporte
de los residuos plásticos al mar
- El
Confidencial
Estos son los ríos que más contaminan
los océanos del planeta
- El
País
Microplásticos, el veneno del mar
- El
Mundo
Radiografía de la basura que llega a
los océanos: el 80% es plástico
- Ecología
Verde
Causas y consecuencias de la
contaminación del mar
Investigación realizada polos alumnos/as de
VVEE 1ºESO
( E Gabriel que tirou do carro )
Comentarios
Publicar un comentario