O
alumnado de 5º e 6º visitou Camelle onde a Asociación
de Mar de Fábula os esperaba para facer unha serie de
actividades moi relacionadas co tema do Plambe da nosa biblioteca neste curso:
Mares e Océanos.
Ao
chegar empezaron facendo unha camiñada pola praia na que foron recollendo todo
tipo de lixo que o mar bota fóra.
Xosé
Luís, o monitor, faloulles da cantidade tan inxente de lixo que reciben
os nosos océanos, e fíxolles unha comparación moi axeitada dicíndolles
que
"O
mar é coma unha ferida aberta que está a supurar todos os días".
Despois de
recoller o lixo, fixeron unha clasificación do mesmo. Logo visitaron as
instalacións da asociación, onde puideron ver distinto tipo de obxectos
elaborados cos residuos retirados do mar. Alí Xosé Luís tratou de concienciar
ao alumnado dos perigos da contaminación do mar, sobre todo polos
microplásticos e de como todos nós podemos contribuir a recollelo mentras é
visible, porque cando xa non se ve xa é tarde. Tamén os informou de que as
costas galegas son coma unha autovía de barcos, pola que cada día pasan máis de 130
barcos, moitos deles cargados ata os topes de containers, que ás veces, debido
a tormentas ou fortes temporais, caen ao mar, afúndense e co tempo ou co
temporal ábrense e o seu contido pode chegar a calquera costa do planeta. Poñendo o exemplo duns parruliños amarelos de plástico que, xunto con outros animais de plástico, foron a parar
incluso ao Ártico; podemos velo no seguinte enlace.
E agora algunhas fotiños da visita.





Comentarios
Publicar un comentario