Xa temos aquí as recomendacións lectoras para este VERÁN. Botádelle un ollo e aproveitade este longo tempo de lecer para gozar coa lectura. Moitos dos libros elexidos están relacionados co plambe deste curso "Rios e mares". Xa sabedes que un libro pode transportarnos a outros lugares, culturas, mundos imaxinarios …..e todo sen sair da casa.
Ademais temos unha novidade... tamén podedes acceder á biblioteca dixital ELBE2, na que tedes ao voso dispor unha serie de títulos que poden ser do voso interese. Os máis pequenos teredes que solicitar a axuda dos vosos pais para que vos boten unha man. As instruccións para acceder atoparédelas no lateral do blog, debaixo de onde pon "Elbe2" e recordade que os contrasinais, que se vos deron no cole, estarán pegados na vosa axenda, para que vosos pais podan entrar.
E...ahora si.... para que podades ver as lecturas que seleccionamos para vós, só tendes que premer no
seguinte enlace.
Bo verán amiguiños!!!
Léctor e Espinaca
Comentarios
Publicar un comentario