Festival de Nadal. 2022

 

Por fin!! Despois destes anos de parón debido ó COVID, neste curso puidemos despedirnos do 2022 por todo o alto, con varias actividades que tiveron lugar tanto no noso centro, como na Casa da Cultura.

Durante as primeiras horas da mañá, todo o alumnado participou nunha sesión de zumba.





A media mañá, desprazámonos ata o salón de actos da Casa da Cultura para o Festival de Nadal. Algúns dos estudantes vestíronse coas súas mellores galas para a ocasión!



Todos estabamos expectantes antes do inicio da primeira función!



Alí bailaron, tocáronse instrumentos, cantaron, sorprendéronnos con trucos de maxia...












Os alumnos/as de 4ºESO exerceron como anfitrións da gala, presentando cada unha das actuacións.


Cara o final do festival, a nosa directora, Lola, entregou os premios ós gañadores/as do Concurso de Postais do Nadal. Noraboa a todos os participantes e gañadores/as!



Graciñas a todos/as por ter participado! E tamén ás nais, pais e familias por achegarvos ata a Casa da Cultura para compartir con nós este momento!

 

 






Comentarios