MES DA ARTE. Instalación: Arte e Vangardas

ARTE e VANGARDAS é o tema elixido para traballar de xeito transversal durante este curso, sendo a biblioteca o lugar do que xorde algunha das propostas.

Este mes de marzo é o Mes da Arte. Levaremos á cabo multitude de accións artísticas que ocuparán distintos espazos do noso centro, dende agora ata que remate o curso.


Comezamos deseñando unha instalación co alumnado da ESO que se presentou voluntario durante dous recreos. Para elo traballamos a técnica do grafiti con plantillas.






As pezas están colgadas en distintos corredores e na biblioteca do edificio de secundaria.




Comentarios