O mércores 8 de marzo, coincidindo co recreo de Secundaria, o alumno de 1ºESO, José Ángel Maroño Ribeiro, leu diante dos seus compañeiros un manifesto.
Velaquí o
manifesto:
Co fin de celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, no noso centro inspirámonos na obra da artista xaponesa Chijaru Shiota. Ela crea instalacións con fíos de lá entrelazados e caóticos que acaban construíndo espazos oníricos, fantásticos. A súa obra fala principalmente da memoria e do esquecemento.
A nosa instalación pretende reflexar a idea de unión a través da igualdade. Cada fío está entrelazado con outros moitos para crear unha estrutura. Todos eles son pequenas pezas que, xuntas, configuran unha forma complexa, interesante, que en certa medida tamén nos fai soñar; un pouco como acontece coa obra de Shiota.
É importante facer visible este día para loitar pola igualdade de dereitos e pola participación na sociedade de todas as mulleres, sen importar a raza, a condición social, o país de nacemento, ou outros factores.
As chaves e as mensaxes que cada estudante colgou na instalación simbolizan os pasos, que como sociedade, debemos aínda dar para fortalecer o principio de igualdade entre mulleres e homes.
Comentarios
Publicar un comentario