Os alumnos de 4ºESO pintaron, durante o 1º Trimestre, un cadro moi coñecido da pintura barroca Española: As Meninas, de Velázquez.
Esta obra foi a
peza inaugural do Mes da Arte. Xunto co cadro ó óleo, tamén se expoñen as
paletas empregadas polos alumnos/as e unhas probas de forma e cor, realizadas
sobre cartóns.
Levamos a cabo unha breve investigación sobre a figura de Velázquez e sobre a súa obra cume. Velaquí o resultado:
Diego Rodríguez de Silva e Velázquez (Sevilla, 1599-Madrid, 1660). Foi un pintor español do período do Barroco. Estudou e practicou a arte da pintura na súa cidade natal ata os vinte e catro anos, despois trasladouse a Madrid coa súa familia e comezou á servir ao rei Felipe IV ata a data da súa morte, no 1660. Dedicou a maior parte da súa vida ás coleccións reais.
Foi alumno de Francisco Pacheco, que máis tarde converteuse no sogro de Velázquez.
Foi un mestre referente para os pintores impresionistas, varios séculos posteriores.
Empregaba a técnica do óleo nas súas obras. Algunhas das máis coñecidas son:
Cristo crucificado. Óleo sobre lenzo. 248 x 169 cm. Ó redor de 1632
Os borrachos, ou O triunfo de Baco. Óleo sobre lenzo. 165 x 225 cm. 1628 – 1629.
A fragua de Vulcano. Óleo sobre lenzo. 223 x 290 cm. 1630.
As lanzas, ou A rendición de Breda. Óleo sobre lenzo. 307,3 x 371,5 cm. Ó redor de 1635.
As fiandeiras, ou A fábula de Aracne. Óleo sobre lenzo. 220 x 289 cm. 1655 – 1660.
As meninas. Óleo sobre lenzo. 320,5 x 281,5 cm. 1656.
As meninas
As meninas é un cadro pintado por Velázquez en 1656. Foi un encargo do rei Felipe IV. Pertence ao estilo artístico coñecido como Barroco.
No cadro poden distinguirse a infanta Margarita xunto con dúas meninas da reina, doña María Agustina Sarmiento e doña Isabel de Velasco. Tamén aparecen dous enanos, Mari Bárbola e Nicolasito Pertusato. No espello vense reflexados Felipe IV e Mariana de Austria, os pais da infanta. Ao fondo aparece o aposentador, José Nieto. Na esquerda do cadro Velázquez pintouse a el mesmo pintando o cadro.
A día de hoxe esta obra está exposta no museo do Prado (Madrid).

Comentarios
Publicar un comentario