INSPECCIONAMOS O RÍO!



O pasado mércores 7 de xuño, o alumnado de 4º ESO realizamos unha actividade no marco do Proxecto Ríos, un dos Plans Proxecta nos que participou o CPI A Picota este curso.


Tivemos ocasión de inspeccionar o río baixo a guía de Paco Bañobre, biólogo de Adega, a asociación ecoloxista responsable deste proxecto de coñecemento científico e conservación da rede fluvial galega.

Despois dunha introducción na que Paco lles explicou a utilidade do Proxecto Ríos, comezamos a inspeccionar a flora da beira do río identificando as árbores e fentos máis característicos deste ecosistema. Feito isto, Paco e unha alumna voluntaria introducíronse no leito do río para extraer fauna invertebrada que posteriormente observamos coa axuda de lupas e pinzas. Sempre con coidado de non facer nada aos animaliños!



Vimos unha morea de animais sorprendentes. a maioría larvas de insectos que nos achegaban información moi valiosa dos ríos, pois algunhas delas só podían crecer en augas moi ricas en osíxeno e pouco contaminadas.





Ao finalizar, devolvimos os animais novamente ao seu medio. 

Tras esta inspección comprobamos que o estado da auga do río de Mazaricos era bo nese momento e aprendemos que a información non só está nos libros e na internet, tamén está ao noso redor. Grazas Paco, polo aprendido!









Comentarios