Nitropandeiro: un deporte "made in" A Picota

O nitrotamburello ou nitropandeiro é unha mestura de varios deportes que de momento só se xoga no noso cole. O xogo dispútase entre dous equipos de 6 xogadores situados a ambos os lados dunha rede situada a unha altura de 1,20 metros. O obxectivo é pasar o balón ao campo contrario por riba da rede.

 

Para iso, cada xogador dispón dun pandeiro ou tamburello, elaborado en forma circular a partir de material plástico. En ocasións excepcionais, cando sexa imposible golpear a pelota co pandeiro, permítese utilizar algunha parte do corpo, especialmente pés e pernas.

Unha vez que un dos equipo recibe o balón no seu campo, debe deixar que bote unha soa vez, e logo disporá dun máximo de tres toques para devolvelo ao campo contrario. Cando o balón dea máis de dous botes ou non sexa posible mandalo de novo ao outro campo por riba da rede, o equipo rival sumará un punto. Tamén se lle cede un punto ao equipo rival se na devolución enviamos o balón fóra da pista.

 
 

Cada set do partido xógase a dez puntos, e sempre ten que haber unha diferenza de, como mínimo, dous puntos. O gañador será o equipo que alcance a vitoria en tres sets ou, de non dar tempo a disputar o partido completo, o que vai por diante no momento en que soa o aviso de final do encontro.

Como no voleibol, os xogadores van rotando no sentido das agullas do reloxo despois de cada xogada, de modo que todos eles pasan por todas as posicións no campo. Na versión que xogamos no centro, os equipos teñen que ser sempre mixtos, con polo menos un rapaz ou unha rapaza na pista.

Na competición disputada durante este curso, o equipo vencedor foi o de 1º de ESO, conformado polos seguintes xogadores: Iker, Guille, Ángel, Soraya, Iván e Rodrigo. Parabéns!

 

 

Comentarios