O alumnado de Primaria gozou dunha xornada de praia do Ézaro

O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria tomou parte o martes 28 de maio na saída á localidade do Ézaro, situada no concello de Dumbría, moi preto de Mazaricos.



 

Este lugar é famoso por nel desemboca o río Xallas, e ademais faino en forma de fervenza, creando un espectáculo maxestoso único na Península que o alumnado tamén puido contemplar.

As nenas e os nenos, xunto co profesorado acompañante, participaron en diversos xogos e actividades deportivas desenvolvidas na praia, e logo probaron a súa destreza como patroas e patróns das pequenas embarcacións ao seu dispor.


 

E antes de volver para o cole, aínda houbo ocasión de coñecer o Centro de Interpretación do Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro, para coñecer os pormenores desta contorna única.

 

O día acompañou e o resultado foi unha xornada inesquecible!


Comentarios