Visita de Andrea Maceiras

O 19 de marzo, a escritora Andrea Maceiras visitou o noso centro para manter un encontro co alumnado de 1º e 2º de ESO. No segundo trimestre, en ambas as clases lemos libros desta autora para a materia de Lingua Galega. En 1º, a obra elixida foi Europa Express, mentres que en 2º  compartimos a lectura de O que sei do silencio.

Ademais de falarnos das súas obras, do proceso de creación literaria e da súa experiencia de moitos anos visitando colexios e institutos, Andrea contounos un conto!, unha historia da súa propia creación que nos trasladou de novo á época en que nas casas os nosos pais e nais nos contaban contos antes de ir durmir.

Tamén nos contou canto hai de realidade e canto de imaxinación nas historias que escribe, os temas que lle parece máis necesario tratar nos seus textos xuvenís e mesmo as dificultades que sempre ten á hora de elixir os títulos para os libros e os nomes dos seus personaxes.

Foi un encontro fantástico no que ademais tivemos ocasión de trasladarlle as nosas preguntas e de que nos asinase os libros!

Comentarios