O CPI A Picota, gañador do certame Falemos+Galego na modalidade de vídeo

A noticia foi recollida deste xeito nos diferentes medios de comunicación da zona:

-Que Pasa na Costa.

-La Voz de Galicia.

-El Correo Gallego.

-Nós Diario.

 -Radio Nordés (a partir do minuto 40:39).

 

Un grupo de 11 alumnas e alumnos de 3º de ESO do noso colexio recibiu o primeiro premio na categoría de vídeo dentro da primeira edición do certame Falemos+Galego, organizado polos diferentes centros de secundaria da Costa da Morte.

 

O alumnado que participou na elaboración do vídeo é o seguinte: Ramiro Alentorn, Andrea Alvela, Samuel Cambeiro, Brais Carreira, Rubén Carreira, Laura García Sande, Fabio Gesto, Brais Lago, Alba Lago, Darío Lema e Paula López Sanchiño.

A peza, a ritmo de rap, leva por título "Na Costa da Morte falamos galego" e consiste nunha mostra de orgullo da xente nova desta área pola súa condición de galegofalantes, e tamén como reivindicación da importancia de manter esta lingua como o noso principal sinal de identidade.

 


Ademais, na categoría de logotipo/lema, o CPI A Picota estivo representado polo traballo de Adriana Romero, de 1º de ESO, que se amosa a continuación.

Parabéns para tod@s!


 

 


Comentarios