Coincidindo recta final do curso, o alumnado de Educación Infantil desprazouse ata a granxa-escola Villa Regina de Santa Comba, un espazo creado para achegar o mundo rural aos máis pequenos.
As rapazas e os rapaces participantes tiveron ocasión de visitar os animais que viven no recinto da granxa e, asemade, tomar parte nos obradoiros que se ofertan no recinto, sempre co contacto coa natureza, o desenvolvemento emocional e os valores do respecto, a paciencia, a responsabilidade e o amor polos animais como base de traballo.
O bo tempo acompañou nunha xornada que agardamos poder repetir nos cursos vindeiros. Xa estamos esperando! :)


Comentarios
Publicar un comentario