O pasado mércores, día 23 de outubro, no meu colexio (CPI A Picota), tivo lugar unha carreira solidaria, contra a leucemia infantil. Cada ano diagnostícanse 1.296 casos de leucemia infantil en España. É o cáncer infantil máis frecuente entre nenos e adolsecentes. Encántame que se leven a cabo este tipo de actividades, xa que mentres que te divirtes, estás aportando un pouco de axuda a diferentes causas. Neste caso, á leucemia infantil. Cada un dos rapaces/as aportaron a súa axuda, recaudando diñeiro en sobres cunhas mensaxes moi especiais. Estou moi feliz, xa que en total, grazas á nosa axuda, recaudouse un total de 1.350,44€.
A carreira foi moi divertida, xa que me puiden reunir con
amizades que non podo ver a miúdo, xa que estou na ESO e elas en Primaria. Así
aproveitamos para falar, mentres que non era o noso turno de correr. Cando nos
tocopu partipar, tivemos que dar dúas voltas arredor da escola. Tempo para
poder, recapacitar e darnos conta de que hai moitos rapaces/as que non poden
facer unha cousa, que nós vemos tan simple como correr.
En fin, foi unha experiencia moi agradable e de moita aprendizaxe. Para rematar, fixemos unha foto de recordo, para así, nunca esquecer este día.
Lucía Cousillas 1º ESO
Comentarios
Publicar un comentario