O luns 14 de outubro visitounos o poeta e contacontos, Celso Ferreiro. Traballou durante quince anos nunha residencia con persoas maiores. Alí aprendeu a escoitar, e o importante que é para todas as persoas o saberse escoitados.
Algunha das historias que nos contou escoitoullas a persoas maiores, como na que falaba do “aire do lobo”. Tamén nos falou do “home lobo” e de como era para os adolescentes vivir nas aldeas fai anos.
Participou nesta actividade todo o alumnado de primaria e secundaria.
Comentarios
Publicar un comentario