Traballo de investigación: Discafobia

Decidín investigar sobre á repulsividade cara as persoas con discapacidade xa que é un tema que a min me importa porque algunhas veces o vivo en primeira persoa.

Tras días afondando neste tema descubrín que o termo polo que se lle coñece é a DISCAFOBIA.

A discafobia é o odio, rechazo ou repulsividade cara as persoas con calquera tipo de discapacidade ou para as persoas que teñen algún tipo de dificultade e por tanto non son autónomas. Esta palabra non se usa nos ámbitos coloquiais, como o hospital ou na clínica dun psicólogo, pero si en contextos políticos, por exemplo.

Máis de 650 millóns de persoas no mundo teñen algún tipo de discapacidade.

Existen fundacións para que as persoas cambien a perspectiva da discapacidade, como a “Fundación Adecco” e esta foi a principal fundación en crear a Semana da Discapacidade no 2021 coa axuda de 265 ONGs e outros organismos e cada ano hai máis entidades. Tamén existe un día propio chamado “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” que se celebra o 3 de decembro. 

Hai tamén unha asociación que é a UPADD (Unidade Progresiva de Apoio á Discapacidade e a Dependencia) que ten como obxectivo combater a discapacidade.

Á hora de tratar con estas persoas existen moitos prexuízos e estereotipos cara elas e máis da metade das persoas con discafobia adóitanos tratar coma nenos pequenos (“bebés”) e non se senten cómodos ao falarlles sobre o tema. Un 75% nunca tiveron un compañeiro de traballo con discapacidade pero agora en moitos países xa están en funcionamento leis contra a discriminación pola discapacidade, por exemplo na lexislación española, no Artigo 510.   

Existen factores inxustos aos que se enfrontan as persoas con algunha discapacidade.

Factores estruturais: isto quere dicir que existen leis que negan o dereito de tomar as súas propias decisións e outros factores. Determinantes sociais da saúde: as malas condicións de vida aumenta o risco da mala saúde das persoas. Factores de risco: estas persoas teñen unha alta porcentaxe de que lle contaxien algunha enfermidade de risco.

 

Investigación e imaxes realizados por Mara Nieto Ramos (3ºESO)


Webgrafía:

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, Discafobia Wikipedia. https://es.wikipedia.org

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, Discafobia, Fundadion adeco. https://fundacionadecco.org

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, Discafobia, Y de verdad tienes tres. https://ydeverdadtienestres.com

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, migranitodearena. https://www.migranodearena.org

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, osoigo. https://www.osoigo.com/es

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, revista La Mar de Onuba. https://revista.lamardeonuba.es

 Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, infobae. https://www.infobae.com

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, Organización Mundial de la Salud. https://www.who.int/es

Autor: Anónimo, sen ano de publicación, sen lugar, Informe Mundial sobre la discapacida. https://www.oas.org/es

Comentarios