Dende a biblioteca do cole organizamos o Concurso de Fotografía/ fotomontaxe: “Contra a Violencia de Xénero”. Os alumnos/as de 3ºESO expuxeron as súas obras na entrada do edificio de Secundaria. As votación leváronse a cabo durante dous recreos e nelas participaron tanto o alumnado como o resto de traballadores do centro.
Este ano produciuse un empate técnico e tivemos dúas alumnas que resultaron gañadoras:
Noelia Traba Martínez
Carla Recarey Beiro

Comentarios
Publicar un comentario