Concurso de Relatos de Terror e podcast



Dende a biblioteca organizamos un ano máis o concurso de Relatos de Terror, no que participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, así como todos os niveis da ESO.

As gañadoras deste curso en primaria foron:

5º Primaria: Jimena Martínez Estalote

6º Primaria: Mara Sanmartín Trillo

En secundaria, o primeiro premio, nos cursos de 1º e 2º, foi para Sara Pena González, de 1ºESO.

Debido ó bo nivel dos relatos de 1º e 2º, o xurado decidiu por unanimidade entregarlle un accésit a Leire Santos Quintáns, de 2ºESO.

O relato gañador nos cursos de 3º e 4º ESO foi o de Paula López Sanchiño.

Parabéns a todos os que vos animáchedes a participar!



O alumnado de 3ºESO, na materia de Oratoria, realizou un podcast cos relatos gañadores. Velaquí o resultado:

https://go.ivoox.com/sq/2680322

Comentarios