Encontro multideportivo co CEIP RICARDO TOBÍO DE ESTEIRO

Dentro das actividades deportivas deste curso encóntranse os encontros multideportivos. Un destes produciuse un soleado martes 8 de abril na praia de Broña. Alí fixemos unha carreira de orientación pola zona na que en cada desafío tiñan que resolver en equipo un desafío físico cooperativo que tiña que ver con Esteiro ou con Mazaricos. Non só practicamos actividade física senón que aprendemos a convivir cos nosos compañeiros e compañeiras. Despois da merenda gozamos de xogos na praia como o anel móbil, o pégol, o paracaídas, tiro con arco, spikeball...

Comentarios