O xoves 27 de marzo recibimos no noso patio unha foodtruck que forma parte da campaña “GALICIA SABE AMAR”, impulsada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e que se está levando a cabo en diversos centros educativos.
O obxectivo desta proposta é achegar á comunidade o mellor sabor das nosas
rías e, polo tanto, poñer en valor os produtos pesqueiros e o traballo dos
profesionais do mar e incentivar o seu consumo dentro da dieta atlántica e dun
modo de vida equilibrado e saudable. Así, alumnado e profesorado tivemos a
oportunidade de probar diferentes tapas elaboradas con produtos procedentes do
mar como hummus de fabas de Lourenzá, mexillóns e croquetas de polbo. Estaba
todo exquisito!
Comentarios
Publicar un comentario