Healthy Champions League

No noso colexio estamos moi comprometidos cos hábitos de vida activos e saudables. Por iso, non rexeitamos a oportunidade de participar na HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE (unha liga de hábitos saudables) na que participaron numerosos colexios de Galicia. Nós participamos co nome de "FRUTARICOS" tendo como obxectivo comer a maior cantidade de froita nas nosas merendas. Para iso contamos cuns fruitcounter (marcador de froita) en cada aula no que cada día anotamos o total das pezas de froitas consumidas. Rematamos na 10º posición pero cun moi bo sabor de boca, xa que levamos aprendizaxes para o futuro das vantaxes de levar unha alimentación saudable.

Comentarios