II Guerra Mundial. Secundaria

A nosa idea principal foi mostrar aos estudantes a irmandade entre o mundo anglosaxón (Estados Unidos e Reino Unido) e o mundo francófono (Francia) durante a Segunda Guerra Mundial na que dúas linguas, dúas culturas e dúas historias diferentes loitaron unidas unidas por unha mesma causa. Deste xeito, realizáronse varias actividades nas que se traballaron unha serie de personaxes clave que contribuíron ao triunfo dos aliados: Winston Churchill, Charles de Gaulle, Isabel II,  a Resistencia francesa, Alan Turing e a súa máquina “The Bombe” para descifrar os códigos nazis e o Desembarco de Normandía. Finalmente, tamén se levou a cabo unha actividade na que os estudantes aprenderon a escribir códigos cifrados.



Comentarios