Instalación: I Xornadas Interculturais

Antes de que comezasen as I Xornadas Interculturais do CPI A Picota, as/os alumnas/os de 1ºESO realizaron un mural que colocamos na entrada do edificio de secundaria.

Tamén colgamos corazóns nos que aparecen as bandeiras das nacionalidades de todo o alumnado: España, Venezuela, Colombia, Uruguai, Cuba, Ucrania e Pakistán.

Pola parte de atrás, cada estudante escribiu unha mensaxe sobre a importancia de aprender os uns dos outros; de coñecer outras culturas, e de como este coñecemento nos enriquece.

Comentarios