O obradoiro Conectad@s: relacionándonos coa contorna dixital realizouse co alumnado de 1º da ESO. Foi impartido por dous membros da Asociación Ultreia. O obxectivo era formar e convidar ó alumnado a realizar un uso con seguridade das novas tecnoloxías. A través dunha serie de xogos e retos con diferentes tablets foron realizando probas e retos para tentar resolver varias probas. Unha das persoas que impartía o obradoiro facía (nunha aula aparte) de pirata informático co obxectivo de recoller datos do grupo sen que se desen conta. Con isto pretendíase amosar as vulnerabilidades ás que se expoñen cando comparten datos e información persoal na rede.
Comentarios
Publicar un comentario