Na clase de Matemáticas (e coa colaboración do Dpto. de Plástica), os alumnos e alumnas de 1º ESO adentráronse no mundo da Papiroflexia ou Origami, a arte de raíces xaponesas que consiste en crear figuras dobrando papel.
Fixeron abetos e follas para así colaborar no PLAMBE (“Os bosques”). A actividade resultoulles moi amena e mostraron moito interese.
Comentarios
Publicar un comentario