Saída por Mazaricos. 1º Primaria

No mes de abril, a rapazada de primeiro viviu unha gran experiencia na primeira saída de estudos, realizada polo monte da Picota.  Foi unha xornada de descubrimentos, aprendizaxes, deseñada para despertar a curiosidade, o respecto pola natureza, traballo en equipo e diversión.

Dende a primeira hora, os pequenos exploradores investigaron a contorna, analizaron todo o que se atopaban ó seu paso e consultaron os libros que levabamos para esta saída.

Quizais o momento máis impactante foi atopar unha toupa morta, houbo moitas pescuda de información para ver que puido acontecer e moitas hipóteses sobre os motivos. Consideraron oportuno crearlle unha tumba para o seu descanso.

Na última parte do paseo, e nun compromiso espontáneo coa natureza por parte dalgunhas crianzas, dedicáronse a recoller o lixo que atopaban. Foi unha actividade que nos permitiu reflexionar sobre a importancia de deixar pegada coas nosas accións.

Para acabar a xornada compartimos unha comida en grupo, contando historias, ríndonos e creando  momentos que quedarán no noso recordo. Xogaron e experimentaron cos seus movementos.

Comentarios