O pasado xoves 23 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º da ESO desfrutamos dunha saída co centro. Fomos con Alicia, a nosa profesora de música, e con Patricia, a nosa profesora de inglés. Saímos do colexio rumbo ao Palacio da Ópera (A Coruña).
Alí gozamos do marabilloso espectáculo didáctico “Rock in school”, que narra a historia dunha rapaza que quere ser estrela de rock, pero non sabe por onde comezar e entón o que fai é probar todos os instrumentos que hai nunha banda de música moderna (piano, batería...) Que ben o pasamos! Bailamos, cantamos, rimos...
Logo tivemos un descansiño para comer algo, descansar... e despois un obradoiro en Abanca. No obradoiro unha guía moi amable ensinounos unhas obras de autores do pasado (Castelao...). Tamén xogamos a un xogo no que tiñamos que entender unhas preguntas que nos daban e logo adiviñar o cadro que nos preguntaban.
Ao rematar esta actividade, fomos para unha sala e por grupos fixemos uns debuxos abstractos cos que botamos unhas risas.
Á hora do xantar, o autobús levounos a Marineda City, e ao chegar as nosas profesoras déronnos unha serie de normas xa que elas non ían estar connosco. Aquí estivemos unha hora e media, comprando, xogando, comendo..., pero chegaron as 16:00h e había que volver para a casa.
O camiño de volta foi longo e canso, logo do marabilloso e divertido día que pasamos. Oxalá repetir!
Carla Recarey Beiro 3ºESO


Comentarios
Publicar un comentario