Talleres na aula de plástica

Outra das actividades que levamos a cabo no centro antes do Nadal foron uns talleres nos que participaron as/os alumnas/os de secundaria.

Organizámonos en dúas quendas: 1º e 2º estiveron traballando nos talleres durante as dúas primeiras horas, e algúns alumnos/as de 3º e 4º achegáronse para botar unha man durante a terceira e a cuarta hora da mañá.

Realizamos tres talleres.

No primeiro fixemos varios deseños para chapas de dous tamaños. No segundo taller o alumnado decorou adornos para colocar na árbore de nadal. O terceiro taller tiña un carácter máis literario. Sobre a mesa había varios poemas extraídos das obras:

Follas novas, de Rosalía de Castro

Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro

Romancero gitano, de Antonio Machado

Cada alumno/a que participou neste taller ilustrou algún poema.

Todos os obxectos que se levaron a cabo poñerémolos á venta no mercadillo solidario que organizaremos á volta das vacacións.

Gracias a todos/as aqueles/as que botáchesdes unha man!

Comentarios