Visita á Casa Grande de Xanceda

O martes 26 de novembro, con motivo da 16ª  SEMANA GANDEIRA en MAZARICOS o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria acompañado de varios mestres realizamos unha visita á Casa Grande de Xanceda situada no concello de Mesía (A Coruña).

 


Cando chegamos recibíronnos as monitoras e distribuíronnos en varios grupos. Antes explicáronnos todo o que alí facían.

Despois deixamos as mochilas nunha sala e comezamos as diferentes actividades que nos tiñan preparadas.  

Unha actividade da que desfrutamos moito foi darlle o biberón aos becerros.


Ademais de becerros hai galiñas e galos, coellos, porcos, ponis e ovellas entre outros. As vacas estaban pastando nos prados que teñen arredor da granxa.  Teñen unhas 300!!!

Puidemos achegarnos a uns animais moi mansos, de tacto suave, agradable e de distintas cores, que se asustaban un pouco ao vernos.

Seguindo as indicacións das monitoras, tivemos a oportunidade de alimentar as cabras, os ponis e outros. 


Cada un de nós puidemos comprobar o difícil que resulta a tarefa de muxir á man, como se facía antigamente. 

Despois de tanta actividade, gozamos da degustación de produtos ecolóxicos elaborados na Casa Grande de Xanceda. Os iogures conquistaron todos os padais, sen facer distinción entre alumnado e profesorado!

Comentarios