Visita a Santiago. Secundaria

O 19 de decembro, achegámonos ata Santiago para ver a película de animación, El señor de los Anillos: La guerra de los Rohirrim, nos cines Compostela.


Despois andamos un anaco ata a Praza de Abastos para visitar dous beléns. Un deles foi o da igrexa de Santo Fiz de Solovio. Conta con máis de 500 figuras. Representa distintas escenas con pezas en movemento, incluso o paso do día a noite.

O outro belén estaba colocado na Igrexa de Santo Agostiño. Nel había 530 figuras realizadas de modo artesanal, algunhas delas con automatismos.


Despois destas visitas comemos na Cancelas e demos un pequeno paseo antes de volver para Mazaricos.

Comentarios