Día do Libro

Dende a biblioteca celebramos o Día do Libro con dúas exposicións.

Este ano decidimos dedicar este día á literatura dun país ou de varios que comparten lazos comúns debido a súa lingua ou a súa cultura. Os países elixidos foron Reino Unido e Inglaterra. Nos expositores da entrada colocamos unha selección das obras que tiñamos na biblioteca dos seguintes autores/as: Bram Stoker, Charles Dickens, Enid Blyton, John Boyne, Neil Gaiman, J.R.R. Tolkien, Agatha Christie, C.S. Lewis, Conan Doyle, J.k. Rowling, M.C. Beaton e Roald Dahl.

Ó longo do corredor da biblioteca colgamos oitenta libros. A esta instalación chamámola: “A volta ao mundo en 80 libros”.

Comentarios