Un dos proxectos que levamos a cabo foi a nosa pequena horta na aula, aproveitamos para descubrir como nacen as plantas e vimos todo o proceso. Comezamos traendo distintas sementes: tomates, fabas, lentellas, leitugas, fresas, perexil, cabaza, margaritas, cebola,... fixemos a xerminación nuns vasos con algodón, e ata tivemos que levar as plantas para as nosas casa durante as vacacións para que non morreran, e despois as transplantamos á terra. Así vimos como abren as sementes, sáenlle os talos, as raíces, como medran, florecen e agora estamos a espera de velo froito. Que mellor maneira de estudar as plantas que traéndoas a nosa aula.
Comentarios
Publicar un comentario